sábado, 29 de febrero de 2020

CARTEL, XXXVII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS








UNHA FOLLA VERMELLA


Pronto moi pronto comezaremos unha nova campaña en Verkami para o novo libro dá factoría #AlonsoBeloso " Unha folla vermella"!. Un álbum ilustrado diferente, para todxs os públicos , un libro poético que fala da creatividade e a súa capacidade para xerar cambios. 
A creatividade. como a forza interior que hai en todo ser humano , xeradora de felicidade .
Realizado a grafito e acrílico, trátase dunha edición coidada e única, unha peza de arte en si mesma, numerada, dedicada e de serie límitada . Miguel Ángel Alonso Diz Luz Beloso








UNHA FOLLA VERMELLA from Luz Beloso on Vimeo.

domingo, 2 de febrero de 2020

"Teño oito anos e quero ser youtuber"

Aquí queda algunha das ilustracións realizadas para o marabilloso e entrañable libro "Teño oito anos e quero ser youtuber", de Xoán Babarro, editado por Galaxia








jueves, 5 de diciembre de 2019

Este Nadal, Xoguetes sen Estereotipos de Xénero


Comparto a ilustración que fixen para a nova campaña de Nadal dá Deputación de Pontevedra que impulsa o xoguetes sen Estereotipos de Xénero, ca idea e o texto da miña querida Isabel Blanco​. Non deixedes de ver .a animación realizada pola Deputación para a campaña ca coordinación de  Lucia Muradas , unha auténtica marabilla !. Grazas a mil pola confianza. https://www.depo.gal/xoguetes-sen-estereotipos-de-xenero





sábado, 8 de junio de 2019

¿Dónde va Vicente ?


Xa se pode conseguir o novo álbum ilustrado " ¿Dónde va Vicente ? na páxina de Okapi Libros https://okapilibros.com/donde-va-vicente/ . 
Un conto que nos fala da importancia de ter criterio propio e non deixarnos levar polos demais . 
Un emocionante conto de Carmen Gil que terminei de ilustrar hai días ...Seguimos traballando no que máis nos gusta.





miércoles, 13 de marzo de 2019

A nena e o grilo máis aló

As alegrías veñen últimamente en forma de libro, e hoxe chegoume esta marabilla recen saída do forno , "A nena e o grilo, máis aló " a cargo do gran Magin Blanco Garcia co divertidísimo texto de Pepablo Patinho Penya , unha honra ilustrar esta xoia editada por Galaxia, Xulio Amigo , grazas mil pola confianza 💜.