miércoles, 11 de noviembre de 2015

Videocreación para SPIFFhAUS - INCONMENSTRUABLE

Aquí queda unha nova animación que fixen para o grupo de música  SPIFFhAUS  , a
canción chámase INCONMENSTRUABLE .
Isto é o que me suxeriu a súa máxica música, espero que vos guste.


 Desde aquí deséxolles moito éxito no lanzamento do seu novo disco.














sábado, 24 de octubre de 2015

EXPOÑENDO NA SALA APO´STROPHE

Exposición da man de  NOVA GALICIA EDICIÓNS  na SALA de ARTE  APO´STROPHE   das ilustracións que fixen para os álbumes ilustrados "O cullarapo Croque" e "A nena á que non deixaban ser feliz", escritos por Miguel Ángel Alonso Diz.
Aquí deixo algunhas das fotos realizadas na exposición .

Esta exposición , non só mostra ilustracións e textos dos contos da nosa autoría , tamén ofrecemos actividades  creativas durante este mes  para nen@s de todas as idades (de 1-100 anos ), nacidas do corazón do taller de imaxinación ALONSO-BELOSO.
Aquí déixovos algúns momentos do ocorrido estes días na sala de arte.

*Fotos:Sala Apo´strophe





Servando Barreiro cantando na Apo'strophe Sala de Arte 











TALLER DE IMAXINACIÓN NA TVG  ENLACE






O próximo taller que vou dar será este xoves 29  ás 6  e media da tarde, espérovos


viernes, 25 de septiembre de 2015

Animando NUBES de Sérgio Tannus


Aquí deixo esta animación que fixen para a fermosa canción de Sérgio Tannus, NUBES¡¡ que podedes atopar no seu libro disco ALEGRÍA, editado por galaxiaconto que forma parte do catálogo de Sonárbore 



Realización e animación: Luz Beloso

Música e letra: Sérgio Tannus
Canción: Nubes - Alegría! (librodisco Ed. Galaxia 2015)
Músicos: Alberto Vilas, Gutier Álvarez, Olga Brañas e Sérgio Tannus










lunes, 6 de abril de 2015

"enREDada"

Este ano participo en catro exposicións que forman parte do proxecto internacional ENREDADAS, coordinado pola profesora Ángeles Saura da Universidad Autónoma de Madrid. 
Son Exposicións COLECTIVAS, internacionais e itinerantes, abertas á participación de ARTISTAS-DOCENTES de todo o mundo e organizadas en dous formatos, virtual e real.
Estes son os traballos que presento, ilustracións dixitais e animacións para as convocatorias en Arxentina, Brasil, México e Galicia
  • "Mensaje en una botella" -ARXENTINA- Comisaria: Marina Robledo


VIDEO ENVIADO:


Mensaje en una botella: "MEMORIA Y OLVIDO" from Luz Beloso on Vimeo.
Animación :Luz Beloso

Música : Handel - Concerto Grosso in C minor Op.6, No.8 - II. Grave.mp3
Fuente:https://musopen.org
“El pueblo recoge todas las botellas que se tiran al agua con mensajes de naufragio....
"...Y mañana seguirán tapándole los ojos
al cielo para que no vuelva a llorar.
Van cruzando este destino,
entre ignorancia y valor,
luz en la oscuridad, las Madres del Amor."
León Gieco

  • Expo enREDada "DoARTE: Doazón e transplante de órganos" - SANTIAGO de COMPOSTELA, ESPAÑA.Comisario: Marcos Vence Rubial 
     Convocatoria completa en: http://cort.as/PH8k

VIDEO:

Doar é o máis grande acto de AMOR á VIDA from Luz Beloso on Vimeo.

  • Corazonadas/Arte Postal- MÉXICO -Comisario:Gilberto López
    Ilustración vectorial realizada a partir da animación +arte:https://vimeo.com/120254017



       VER AS CONVOCATORIAS NO BLOG DO PROXECTO http://exposicionesenredadas.blogspot.com.es/p/invitaciones-2014.html



miércoles, 1 de abril de 2015

Exposición na Clínica Aiemá, de Compostela

Exposición da man de  http://arteu.blogaliza.org/sobre/ na Clínica Aiemá, de Compostela, das ilustracións que fixen para os álbumes ilustrados "O cullarapo Croque" e "A nena á que non deixaban ser feliz", escritos por Miguel Ángel Alonso Diz.
Aquí deixo unha das ilustracións da nena coas datas da Exposición.


sábado, 7 de marzo de 2015

Ti JUDE, Rís Ceol

"Ti Jude" é a nova canción do  álbum "Yahú" do grupo Irlandés  Rís Ceol, ao que tiven o pracer de realizarlle esta animación .
 A canción é unha historia de nostalxia sobre a amizade de dous rapaces que xogaban xuntos de nenos, pero o tempo e as circunstancias da vida os separou, "onde estás? " pregúntase o protagonista desta fermosa canción.
 Rís Ceol is releasing a new song. It was a pleasure to make an animation for his beautiful song "Ti Jude".