jueves, 5 de diciembre de 2019

Este Nadal, Xoguetes sen Estereotipos de Xénero


Comparto a ilustración que fixen para a nova campaña de Nadal dá Deputación de Pontevedra que impulsa o xoguetes sen Estereotipos de Xénero, ca idea e o texto da miña querida Isabel Blanco​. Non deixedes de ver .a animación realizada pola Deputación para a campaña ca coordinación de  Lucia Muradas , unha auténtica marabilla !. Grazas a mil pola confianza. https://www.depo.gal/xoguetes-sen-estereotipos-de-xenero





sábado, 8 de junio de 2019

¿Dónde va Vicente ?


Xa se pode conseguir o novo álbum ilustrado " ¿Dónde va Vicente ? na páxina de Okapi Libros https://okapilibros.com/donde-va-vicente/ . 
Un conto que nos fala da importancia de ter criterio propio e non deixarnos levar polos demais . 
Un emocionante conto de Carmen Gil que terminei de ilustrar hai días ...Seguimos traballando no que máis nos gusta.





miércoles, 13 de marzo de 2019

A nena e o grilo máis aló

As alegrías veñen últimamente en forma de libro, e hoxe chegoume esta marabilla recen saída do forno , "A nena e o grilo, máis aló " a cargo do gran Magin Blanco Garcia co divertidísimo texto de Pepablo Patinho Penya , unha honra ilustrar esta xoia editada por Galaxia, Xulio Amigo , grazas mil pola confianza 💜.







martes, 12 de febrero de 2019

A CASA DO PARALELO 54

Aquí queda o booktrailer   e algunhas das ilustracións que fixen para o  novo libro  " A casa do paralelo 54" da escritora Iria Collazo López ,  unha marabillosa  historia editada por Galaxia.
A fermosa   música do booktrailer é de  Su Garrido Pombo .
Este venres 15 as 20: 30 estaremos presentando  na Libraría O Pontillón de Moaña.
Non faltedes!


A casa do paralelo 54 - Iria Collazo from Luz Beloso on Vimeo.
" A casa do paralelo 54", o novo libro de Iria Collazo López
Ilustracións , Luz Beloso
Book trailer
Música : Su Garrido Pombo
Texto : Iria Collazo
Realización e animación : Luz Beloso