Mostrando entradas con la etiqueta cuentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cuentos. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de junio de 2019

¿Dónde va Vicente ?


Xa se pode conseguir o novo álbum ilustrado " ¿Dónde va Vicente ? na páxina de Okapi Libros https://okapilibros.com/donde-va-vicente/ . 
Un conto que nos fala da importancia de ter criterio propio e non deixarnos levar polos demais . 
Un emocionante conto de Carmen Gil que terminei de ilustrar hai días ...Seguimos traballando no que máis nos gusta.





sábado, 27 de febrero de 2016

MEL "Unha mosca agradecida"


Preséntovos a nosa nova criatura "MEL" , un conto de Miguel Angel Alonso Diz  que tiven o pracer de ilustrar ,   inclúe un marabilloso CD cos poemas na voz de Miguel Alonso Diz
e poemas musicados e cantados por:

Miguel Alonso (voz e música)
Maese Pedrido (música)
Malvares de Moscoso  (voz)
Servando Barreiro (voz e música)
Miguel Alonso Diz (voz)

"Unha mosca agradecida comeza hoxe a voar Mel é o seu nome e vainos cantar fermosos poemas que endexamais esquecerás."

E ademáis estamos nos III Premios Martín Códax da Música. 
Podedes escoitar dúas cancións deste fermoso libro nesta ligazón: 


http://www.premiosmartincodaxdamusica.com/awards/vote





lunes, 5 de enero de 2015

O valente coello que quixo soñar

Preséntovos o "Book trailer" do noso novo conto "O valente coello que quixo soñar" e que promete ser moi divertido, esperamos que o gocedes  tanto coma nós cando o creamos.
 MIL grazas a CINTA ADHESIVA pola fermosísima música, penso que xa é evidente que nos gusta este temazo :"La latina"



O valente coello que quixo soñar from AlonsoBeloso on Vimeo.
Imaxes do novo libro de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. "O valente coello que quixo soñar"
Editado por Nova Galicia Edicións
Música: Cinta Adhesiva


domingo, 21 de septiembre de 2014

O soño de Esther entre os libros máis vendidos

Dende que saíu noso álbum ilustrado "O soño de Esther" en abril é un dos máis vendidos, o noso agradecemento a librarías e aos que seguen noso traballo. 
 Esto é unha forte motivación para esta  ilustradora con moitas ganas de seguir aprendendo e traballando  neste marabilloso mundo do álbum ilustrado.

http://cadernodacritica.wordpress.com/2014/09/02/taboleiro-do-libro-galego-xxv-do-1-de-xullo-ao-31-de-agosto/




sábado, 19 de abril de 2014

"O SOÑO DE ESTHER " nas librerías

 Xa nas miñas mans "O soño de Esther", o novo albúm ilustrado creado xunto a Miguel, un novo proxecto do taller AlonsoBeloso, seguiremos traballando co mesmo agarimo e ilusión en cada novo soño , esperamos que vos guste. 







http://cadernodacritica.blogaliza.org/2014/04/28/o-sono-de-esther-de-miguel-angel-alonso-e-luz-beloso/
  • Editado por Nova Galicia Edicións, que tamén acaba  de reeditar  "A nena á que non deixaban ser feliz",outra boa noticia.

lunes, 7 de abril de 2014

Book trailer "O soño de Esther"

O "Book trailer" do noso novo conto "O soño de Esther", esperamos que vos guste.
 Moitas grazas a CINTA ADHESIVA pola fermosísima música .
O SOÑO DE ESTHER from AlonsoBeloso on Vimeo.
Imaxes do novo libro de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Titulado: "O soño de Esther".
Editado por Nova Galicia Edicións
Música: Cinta Adhesiva

sábado, 5 de abril de 2014

O SOÑO DE ESTHER, Novo proxecto

Un novo conto está a piques de nacer no corazón do taller de imaxinación AlonsoBeloso, así lle chamamos Miguel máis eu ao noso traballo en común; un traballo feito coa alma. Esperamos que vos guste..








Pronto moi pronto ...




jueves, 12 de diciembre de 2013

Ilustracións " A nena á que non deixaban ser feliz"







"Hada Esther", novo proxecto

Estas son algunhas das ilustracións que realicei para ilustrar a Hada Esther.
Un conto feito polo compromiso e o amor ao diferente. Escrito por Olga Lalín e Esther Medraño.
MÁIS INFORMACIÓN DO PROXECTO :http://www.hadaesther.com




gardas



portada


  • O conto ten  unha fermosa canción de Seso Durán, compositor  e Montse Ogando, voz.