sábado, 7 de marzo de 2015

Ti JUDE, Rís Ceol

"Ti Jude" é a nova canción do  álbum "Yahú" do grupo Irlandés  Rís Ceol, ao que tiven o pracer de realizarlle esta animación .
 A canción é unha historia de nostalxia sobre a amizade de dous rapaces que xogaban xuntos de nenos, pero o tempo e as circunstancias da vida os separou, "onde estás? " pregúntase o protagonista desta fermosa canción.
 Rís Ceol is releasing a new song. It was a pleasure to make an animation for his beautiful song "Ti Jude".










miércoles, 4 de marzo de 2015

Finalistas¡¡premios ISAAC DÍAZ PARDO E PREMIO NEIRA VILAS

Miguel máis eu somos FINALISTAS co "O soño de Esther", nos prestixiosos premios,  "ISAAC DÍAZ PARDO" AO MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO GALEGO DO 2014, e no PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2014. 
http://www.editoresgalegos.org/gl/actualidad/novas/amosar/id/5529
O SOÑO DE ESTHER from AlonsoBeloso on Vimeo.
Imaxes do novo libro de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Titulado: "O soño de Esther".
Editado por Nova Galicia Edicións
Música: Cinta Adhesiva



"O SOÑO DE ESTHER" este ano foi tamén PREMIADA POR FERVENZAS como 4º mellor portada LIX , 3ª mellor libro de literatura infantil do 2014 e eu recoñecida como 3º mellor ilustradora do 2014.

  GRAZAS ¡

domingo, 22 de febrero de 2015

+ARTE #elArteImporta


+ARTE from Luz Beloso on Vimeo.
+ARTE #elArteImporta
Animación e ilustracións: Luz Beloso









                          "Graciñas a Ángel por ser o meu modelo   filmado para a creación da rotoscopia."


viernes, 9 de enero de 2015

Rís Ceol, Purgadóir


Chámanse Rís Ceol e coñecinos fai unha semana polo twitter .
 Estoulle moi agradecida a Richard por descubrirme a súa banda de Rock e de que lles gustase á miña animación.
Van sacar o seu disco Yahú en marzo, e estou segura que terán moito éxito. 
Gozar desta fermosa canción, Purgadóir

A week ago I met a band called Rís Ceol on Twitter. It happened thanks to one of its members when I uploaded the video "Latexos". I'm very grateful to Richard for letting me know about his band and for using my animation in his presentation video. They are going to release an album in March. They sing in Irish, a wonderful language and I'm sure they will be very successful. Enjoy this beautiful song,Purgadóir.



lunes, 5 de enero de 2015

O valente coello que quixo soñar

Preséntovos o "Book trailer" do noso novo conto "O valente coello que quixo soñar" e que promete ser moi divertido, esperamos que o gocedes  tanto coma nós cando o creamos.
 MIL grazas a CINTA ADHESIVA pola fermosísima música, penso que xa é evidente que nos gusta este temazo :"La latina"



O valente coello que quixo soñar from AlonsoBeloso on Vimeo.
Imaxes do novo libro de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. "O valente coello que quixo soñar"
Editado por Nova Galicia Edicións
Música: Cinta Adhesiva


viernes, 2 de enero de 2015

LATEXOS


LATEXOS from Luz Beloso on Vimeo.
Animación e ilustracións : Luz Beloso
Música : Adrián Berenguer - Camino (Jamendo)

...cada latexo é un son único e diferente .....










miércoles, 12 de noviembre de 2014

PROCESOS I

"Procesos I" é un video no que se mostra o proceso de creación dunha ilustración dun modo tanxible e visible.
A técnica empregada, ilustración dixital.


PROCESOS I from Luz Beloso on Vimeo.









domingo, 21 de septiembre de 2014

O soño de Esther entre os libros máis vendidos

Dende que saíu noso álbum ilustrado "O soño de Esther" en abril é un dos máis vendidos, o noso agradecemento a librarías e aos que seguen noso traballo. 
 Esto é unha forte motivación para esta  ilustradora con moitas ganas de seguir aprendendo e traballando  neste marabilloso mundo do álbuilustrado.

http://cadernodacritica.wordpress.com/2014/09/02/taboleiro-do-libro-galego-xxv-do-1-de-xullo-ao-31-de-agosto/




martes, 9 de septiembre de 2014

AlonsoBeloso e "O valente coello que quixo soñar"


ALONSO BELOSO. TALLER DE IMAXINACIÓN from AlonsoBeloso on Vimeo.
"Non importa o lonxe que vaias...
Mentres os teus soños vaian contigo".

TALLER ALONSO BELOSO

Creando soños...
Modificando realidades...

Música: Celestial Aeon Project

Aquí está ¡


Un novo proxecto recén saído do noso Taller AlonsoBeloso, un taller que non se detén, sempre en evolución constante. 
Deixo unha nova ilustración dun conto que verá a luz dentro de pouco, unha ilustración froito da mestura de varias técnicas, acrílicos, colaxe e ilustración dixital.
Esperamos que vos guste

sábado, 19 de abril de 2014

"O SOÑO DE ESTHER " nas librerías

 Xa nas miñas mans "O soño de Esther", o novo albúm ilustrado creado xunto a Miguel, un novo proxecto do taller AlonsoBeloso, seguiremos traballando co mesmo agarimo e ilusión en cada novo soño , esperamos que vos guste. 







http://cadernodacritica.blogaliza.org/2014/04/28/o-sono-de-esther-de-miguel-angel-alonso-e-luz-beloso/
  • Editado por Nova Galicia Edicións, que tamén acaba  de reeditar  "A nena á que non deixaban ser feliz",outra boa noticia.

lunes, 7 de abril de 2014

Book trailer "O soño de Esther"

O "Book trailer" do noso novo conto "O soño de Esther", esperamos que vos guste.
 Moitas grazas a CINTA ADHESIVA pola fermosísima música .
O SOÑO DE ESTHER from AlonsoBeloso on Vimeo.
Imaxes do novo libro de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Titulado: "O soño de Esther".
Editado por Nova Galicia Edicións
Música: Cinta Adhesiva

sábado, 5 de abril de 2014

O SOÑO DE ESTHER, Novo proxecto

Un novo conto está a piques de nacer no corazón do taller de imaxinación AlonsoBeloso, así lle chamamos Miguel máis eu ao noso traballo en común; un traballo feito coa alma. Esperamos que vos guste..








Pronto moi pronto ...