miércoles, 5 de diciembre de 2018

"Caca , culo , pedo , pis " Carmen Gil & Luz Beloso, editorial OKAPI

Xa tiña ganas de ensinalo , acaba de saír grazas á editorial Okapi.
Este é Blas , o protagonista de "Caca, culo, pedo, pis" 
Acabeille collendo moito agarimo a medida que o fun materializando en ilustración. Editado por Okapi e escrito por Carmen Gil , un divertidísimo e didáctico conto.
"Caca, culo, pedo e pis son as palabras favoritas de Blas… Repíteas tooodo o día! Pero aos seus papás non lles fai moita graza…
Unha fada axudarao a descubrir que existen unha chea de palabras máis bonitas, divertidas e curiosas. Blas decidirá entón cales son as súas preferidas."
Este nadal nas vosas librerías e en http://okapilibros.com/caca-culo-pedo-pis/

Unha auténtica honra ilustralo #albumilustrado#ilustraciónLuzBeloso








martes, 20 de noviembre de 2018

PIRATAS NO RECREO

Hoxe vouvos  presentar un novo proxecto  "PIRATAS NO RECREO".
O noso novo album ilustrado de AlonsoBeloso, un conto que xorde deste peculiar taller de soños e ilusións,  hai tempo que dorme no meu computador e hoxe grazas á marabillosa editorial Belagua sae a luz , para celebrar xuntXs o Día Internacional da Memoria Trans,  un día para lembrar a todas as persoas que perderon a súa vida por querer ser elas mesmas .
Hai anos propúxenlle a Miguel Ángel Alonso Diz a necesidade de traballar este tema , trátase dun conto necesario, no que puxen moito agarimo á hora de ilustralo.
Educar é a única forma que coñezo para converter este mundo , nun mundo máis xusto .
Agradecerlle a Cristina Palacios as correccións e o apoio , a Edurne Baines a confianza é a impecable edición, a Miguel por crer comigo nos mesmos soños e a Miguel Alonso a marabillosa música do booktrailer . En decembro xa estará dispoñible e á venda
#DíaInternacionaldaMemoriaTrans
 

http://www.belaguaediciones.com/items/piratas-no-recreo/


PIRATAS NO RECREO from Luz Beloso on Vimeo.






sábado, 27 de octubre de 2018

A colección Rosaura en Moaña


O Sábado 10 de novembro ás 12 da mañá 
estaremos Isabel Blanco , Edurne Baines da editorial Belagua e a que escribe, na Libraría O Pontillón de Moaña para presentar a colección Rosaura, contaremos coas novidades de " Rosaura e o mar" e "Rosaura Cesteira de Mondariz". Para os máis novos e os non tan novos teremos un taller de ilustración 🤗 esperámosvos


http://www.belaguaediciones.com/items/coleccion-rosaura-3-libros/

FARO CULTURA


Mil grazas Lourdes Varela pola completa reportaxe 

sábado, 8 de septiembre de 2018

Entrevista en "That Creative Blog "

Moi agradecida ao gran deseñador gráfico Ahmad Saleem, coordinador da web That Creative Blog , onde se mostra o traballo de varios ilustradores de todo o mundo , grazas por contar coa miña experiencia creativa e o meu traballo, son moi afortunada .


jueves, 16 de agosto de 2018

" Rosaura, cesteira de Mondariz " Isabel Blanco, Luz Beloso

" Rosaura ,cesteira de Mondariz ", terceiro álbum ilustrado da serie ROSAURA , con marabillosos poemas de Isabel Blanco e ilustrado pola que escribe. Un pracer  traballar neste fermoso proxecto sobre os cesteiros de Mondariz .
Aqui queda o Booktrailer con música interpretada por Alejo Amoedo Portela (piano) e Moisés Lorenzo ( trompeta ). 
A Edición de luxo grazas a editorial Belagua , espero que vos guste .

 Colaboran Concello de Mondariz e Deputación de Pontevedra.


Rosaura Cesteira de Mondariz ( Isabel Blanco, Luz Beloso) from Luz Beloso on Vimeo.
"Rosaura Cesteira de Mondariz"
Isabel Blanco , Luz Beloso
EDITORIAL : Belagua
Colaboración: Concello de Mondariz e Deputación de Pontevedra
BOOKTRAILER créditos:
Música: "Os teus ollos" de josé Castro Chané
Intérpretes: Alejo Amoedo, piano e Moisés Lorenzo, trompeta .Incluido no Cd: Retallos.
Texto: Isabel Blanco
Animación e realización :Luz Beloso





martes, 14 de agosto de 2018

The Heroine's Journey


 Hai uns días Peter de Kuster  escribiume  cunha proposta para contestar unha serie de preguntas sobre o que me gusta , a miña vida, a que dedico o meu tempo... https://theheroinejourney2016.wordpress.com/2018/08/13/the-heroines-journey-of-luz-beloso/ Chamoume a atención este proxecto no que se recollen historias de todos os recunchos do mundo de xente que vive facendo o que ama, "heroínas creativas" da literatura, a arte, a música....
Unha auténtica honra Peter por darme a posibilidade de participar coa miña historia , eu solo son un ser afortunado por traballar no que me gusta , por facer o que soñaba desde que era unha nena.
Ao final do cuestionario cito as miñas dúas heroínas creativas : Iria Collazo López e Isabel Blanco


viernes, 15 de junio de 2018

MARÍA VINYALS. UN TALENTO REBELDE

Da aventura de ilustrar , gústame sobre todo a posibilidade de aprender sempre algo novo , neste caso foi descubrir ao personaxe , grazas ao talento de Isabel Blanco ca recreación literaria da biografía de María Vinyals e o asesoramento histórico de Silvia Cernadas Martínez resultou ser un camiño algo máis que emocionante . Aquí quedan algunhas das ilustracións realizadas para  MARÍA VINYALS. UN TALENTO REBELDE.
Unha publicación que se vai distribuír nos centros de Educación Secundaria da provincia grazas a Deputación de Pontevedra e a Escola de Igualdade , xa se pode conseguir en: BELAGUA EDICIONES : http://www.belaguaediciones.com/items/maria-vinyals-un-talento-rebelde/ , e nas vosas librerías.